16 de febrero de 2016

Métodos educativos

Na sesión do 15 de febreiro, fixemos un repaso dos métodos educativos de idiomas ao longo da historia. A súa evolución e a explicación implícita ou explícita da gramática entre outros aspectos. 
Sen dúbida o gran revolucionario foi o francés François Gouin que lle deu por primeira vez importancia á lingua oral fronte á lingua escrita. Emporiso, e tal e como constatamos nas aulas, os tipos de exercicios que máis se levan a cabo na maioría das aulas seguen sendo do tipo gramática-tradución. A razón principal é a comodidade que este método supón. O uso deste método en si non é un problema senón a predominancia dun só na ensinanza pois existen 4 competencias lingüísticas e non só unha. 


Na combinación dos métodos está o éxito educativo


A partir de aí, o noso rol como docentes debe ser saber equilibrar os métodos e sacar o mellor partido de cada un.

Rematada esta reflexión, pasemos aos métodos innovadores. Segundo a Comisión Europea, os métodos educativos actuais son 2 fundamentalmente: 
  • A AICI ou a aprendizaxe integrada de contidos de idiomas
  • A aprendizaxe e idiomas asistida por ordenador ou CALL. 
Neste informe do 2014 trátanse as competencias que se melloran nestes dous métodos. No caso da AICI (ou CLIL polas súas siglas en inglés), son fundamentalmente as seguintes:
  • As competencias de recepción: a escoita e a lectura.
  • O vocabulario
  • A morfoloxía
  • A creatividade
  • A fluidez e a cantidade de diálogo
Ademais, tamén mellora:
  • O desenvolvemente cognitivo
  • A motivación e a seguridade
*Recordemos que a AICI é un método de aprendizaxe no que se utiliza unha lingua estranxeira para ensinar outra materia que non é de lingua propiamente. 

Aínda que xa tiñamos falado anteriormente destes dous métodos vin que era convinte dedicarlles un espazo aquí xa que son os máis innovadores. A partir de aquí encontrei unha plataforma que nos pode ser moi útil: a ICT-Rev promocionada polo Centro de Linguas Moderno Europeo. Contén moitos recursos interesantes para a docencia agrupados por competencias no apartado resources, ademais de obradoiros en diferentes países para aqueles máis implicados na docencia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario