12 de febrero de 2016

Actividade coa CCL, SIE e a CSC

Co gallo do acoso escolar, propónselles ao alumnado que preparen unha actividade creativa na que profundicen sobre este tema tan actual. Será por suposto na lingua estranxeira da aula e traballarase por grupos de 4/5 persoas máximo. Os grupos deberán decidir:

  • Que queren expresar.
  • Os papeis que desenvolverá cada un na realización das tarefas.
  • Os materiais que necesitan.
  • Se van a precisar axuda doutros profesores como o de tecnoloxía ou historia, por exemplo.

O unico material de apoio que se lles proporcionará será esta imaxe:



Con ela terán que, por unha parte, facer uso do sentido de iniciativa e do espíritu emprendedor (SIE); por outra, indirectamente desenvolverán a capacidade social e cívica (CSC) e obviamente a competencia en comunicación lingüística (CCL).


A duración será de 2 sesións de clase: a primeira servirá de preparación e coordinación e a segunda será de exposición e de explosión de creatividade. 
Ao final da segunda sesión, levarase a cabo unha reflexión final na lingua estranxeira mediante a aportación de ideas conxuntas. 

1 comentario:

  1. Boa idea a de utilizar como punto de partida unha imaxe. Por suposto, habería que desenvolver a actividade especificando nivel, contidos, etc.

    ResponderEliminar