16 de febrero de 2016

Os métodos didácticos nos libros de texto

Unha das actividades realizadas na aula foi a comparación dos métodos didácticos nos libros que se están a empregar na actualidade.
Pareceume interesante facer esta mesma análise do libro titulado Édito que usamos durante a carreira, concretamente en 1º. O nivel era o B2 e no seu momento non reparei moito no valor didáctico que ten.
Importante destacar os seguintes aspectos:

  • Introduce sempre o tema cunha imaxe e unha citation que pode dar lugar á producción oral creativa., guiada ou non do estudante. Ocúrreseme que as citations poderíanse convertir en citations du jour, as cales se poderían propoñer como pequenos debates orais ao comezo da aula. Isto fomentaría a competencia oral que é do que carece a maioría do alumnado.
  • Toca as 4 competencias dunha maneira explícita, especifica os apartados que adicados a cada unha.
  • Existe un apartado específico para a gramática, que a explica dunha maneira explícita, así como un de civilization.
  • Sen dúbida as expresións de vocabulario e a preparación ao Delf B2 poden ser os apartados que máis difiran con respecto a outros métodos.
  • A pesar de tratar todas as competencias, hai bastante texto que moitas veces é de apoio.

A pesar de ser un método para adultos e “grands adolescents”, creo que ten apartados interesantes que se poderían trasladar a outros métodos. Como por exemplo:
  • A etiquetaxe dos exercicios por competencias facilitaríalle ao docente a búsqueda de actividades.
  • As citations e imaxes introductorias poden ser unha forma ideal de empezar un tema dunha forma distendida e creativa.
  • O apartado de civilization é fundamental. Non podemos esquecernos da cultura e da literatura, aínda que creo que habería outra forma mellor de fusionalo no libro sen ser tan teórico. Tal vez un apartado tipo: “Est-ce que tu savais que...?” con exercicios intuitivos e variados.

Non se usan as situacións comunicativas, pero si que cada tema trata un aspecto en concreto. Tampouco existen tareas finais, polo que o enfoque por tareas tampouco sería o caso e se tiveramos que definilo pola predominancia ou ausencia de competencias, diríamos que predomina o escrito fronte ao oral. Ademais non existe un apartado específico que trate a fonética, importante tamén neste nivel intermedio alto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario