2 de febrero de 2016

Bloqueo cognitivo

Na clase tocouse un tema do que me gustaría falar especialmente: o bloqueo cognitivo. 
Sorprendeume o feito de que cando un é aínda un neno non presenta estes bloqueos, non ten medo ao fracaso pois tampouco conceptualiza o que é isto. Porén, os adultos si o teñen e a pesar de ser un mecanismo de defensa persoal, non é máis que unha marea que corre na nosa contra. 
Sobre todo en secundaria, creo que sería interesante aplicar xogos de deshinibición fundamentalmente nos primeiros días. Pois, é importante crear un bo ambiente e fomentar a creatividade e espontaneidade dos alumnos. 
Encontrei varias actividades que se poderían adaptar para a materia de lingua estranxeira. 

Se estamos traballando os condicionais ou se xa os vimos, poderíamos usar esta dinámica:

Si j'étais

Pídeselle a cada alumno, que faga unha frase deste tipo:
  • Si j'étais un arbre, je serais........ parce que.....
  • Si j'étais une machine, je serais..... parce que.....
  • Si j'étais un matérial, je serais...... parce que.....
  • Si j'étais un parfum, je serais...... parce que....
  • Si j'étais un fruit, je serais...... parce que......

Logo un dos voluntarios sae da clase. O resto dos alumnos que quedaron dentro deben elixir a alguén sobre o que o resto debe responder. O alumno que estaba fóra e que entra debe adiviñar de quen están falando. Poderá usar ata 3 nomes, se non o acerta á terceira, perde. As preguntas poderían ser deste tipo:
  • Si tu étais un arbre, que serais-tu ?
  • Etc.

Que vos parece? Algunha dinámica que coñezades deste estilo?


No hay comentarios:

Publicar un comentario