30 de enero de 2016

Actividade "Wh- Questions"

Como actividade de reflexión, levamos a cabo en grupos unha actividade de autoevaluación. Cada grupo debía diseñar preguntas coas Wh- Questions para presentarllas ao outro equipo. Para todo aquel descoñecedor destas, son as preguntas que se inician cos pronomes interrogativos e permiten coñecer polo xeral un tema en concreto:

Cal?
Canto?
Cando?
Onde?
Por que?
Como?

Tiñamos que formular preguntas sobre o contido da primeira aula de clase para así formularllas ao outro equipo, ao mesmo tempo que respondíamos ás que se nos presentaban a nós. Creo que esta actividade como reforzo e reflexión das ideas aprendidas pode ser moi interesante.

Ocúrreseme usalo para un texto de 1º da ESO. A actividade que propoño é que os alumnos, ao igual que fixemos nós na aula, fagan preguntas aos seus compañeiros sobre a comprensión deste texto sacado do libro C'est la Vie da editorial Santillana. Poderíase incluso formar un concurso de comprensión mediante as respostas dadas e as puntuacións correspondentes que se lles proporcionarían.

Os pronomes interrogativos posibles serían:
Qu'est-ce que
Quel(lle)
Combien

Quand
Comment
Pourquoi


No hay comentarios:

Publicar un comentario