2 de febrero de 2016

Actividades do 1-2-2015

Onte fixemos 3 actividades de carácter grupal bastante interesantes.

Actividade 1
Na primeira tiñamos que relacionar os tipos de didácticas cos tipos de ensino e os seus factores. Como conclusión a todo isto sacamos que:
  • Nos estudos de Formación Profesional deberíanse crear máis materias con fins específicos.
  • O método ALAC ou mobile learning está en auxe, a pesar das normas reestrictivas da maioría dos centros educativos.
  • Os factores dos que dependen os tipos de didáctica máis importantes van a ser a idade e os recursos.
  • Ás veces na EOI tamén podemos usar a didáctica de LE para séniors dependendo da homoxeneidade do grupo.
  • O método AICLE ou CLIL polas súas siglas en inglés, vai a estar máis orientado para primaria e non tanto para infantil.

Actividade 2

Na segunda actividade vimos a diferenza entre nenos menores de 8 anos e os adultos.Como conclusións principais:
  • Os nenos necesitan moitos máis xestos e máis actividade física que os adultos.
  • As repeticións, que para os nenos son motivadoras, son desmotivadoras para os adultos.
  • Os nenos teñen menos concentración que os adultos.
  • Os adultos adoitan perder a curiosidade, mentres os nenos están expectantes ante o novo.
  • Os nenos son moito menos analíticos que os adultos debido á súa estructura cognitiva.
  • Os adultos cohíbense moito máis que os nenos, grandes deshinibidos.
  • As actividades que se leven a cabo cos nenos deben ser máis curtas e máis prolongadas no tempo para os adultos.
Actividade 3

Tiñamos que dar exemplos de transferencia positiva e negativa.Como transferencia negativa saíron fundamentalmente exemplos de falsos amigos e como transferencia positiva aspectos fonéticos próximos ao galego, así como o léxico que por etimoloxia e parece.

2 comentarios:

  1. Mobile learning e ALAC (CALL) non son exactamente sinónimos, aínda que son ámbitos moi próximos.

    ResponderEliminar
  2. Mobile learning e ALAC (CALL) non son exactamente sinónimos, aínda que son ámbitos moi próximos.

    ResponderEliminar