12 de febrero de 2016

A atención á diversidade

A primeira sesión de María Luz deixounos a todos con un moi bo sabor de boca. Entre os temas que se trataron, o que me chamou máis a atención foi a forma na que enfocou a atención á diversidade. A pesar de que normalmente a imaxe que temos deste punto confúndese moitas veces coas medidas para a adaptación curricular, « a atención á diversidade pode considerarse como o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado» (Xunta de Galicia).

Precisamente, plantexar dúas formas de facer a mesma actividade con dous niveis de dificultade e deixarlles escoller libremente, non só provoca que o alumno aprenda de acordo co seu ritmo de aprendizaxe senón que lle da poder sobre si mesmo. O alumno coñécese a si mesmo ao mesmo tempo que toma o mando da súa vida. Ademais, creo que é perfecto para fomentar a motivación, pois o alumno escollerá o xeito no que se vexa máis cómodo e non aquel que o desanime máis e máis ou o cohiba.


Outra forma de atender á diversidade que vimos moi claramente no vídeo de Adele é fomentar a utilidade dos intereses propios do alumnado na clase de idiomas. Non todos os alumnos van a tocar un instrumento, nin lles vai a gustar cantar, pero si debuxar, cociñar ou calquera outra actividade. Debemos fomentar a motivación entre o alumnado e axudarlles a encontrar aquilo que lles motive ou lles guste. A clase de idiomas pode ser o momento perfecto para explotar estes talentos escondidos e sacar partido mútuo deles. Para isto creo que tamén é moi importante fomentar un bo ambiente docente, que só se consigue traballando inconscientemente a autoestima e sendo firme ante temas como o actual acoso escolar.

Para aqueles que lles motive a motivación, sendo redundantes e que vos gusten máis os vídeos que case calquer texto que vos poñan diante, déixovos a entrevista de Eduard Punset a Howard Gardner sobre as intelixencias múltiples.
Espero que o disfrutedes tanto coma eu e agardo as vosas conclusións.


Ata a próxima!

1 comentario:

  1. Moi boa recomendación, con frecuencia esquecemos que ser intelixente non só é saber moita matemática ou levar notas excelentes! Esta entrevista é un "must" para novos profes e profas. Gracias por recomendala.

    ResponderEliminar