13 de enero de 2016

O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna

España é un dos países que peores resultados ten nas catro destrezas da lingua. Estes datos vense reflexados nas gráficas que o Estudo europeo de competencialingüística do 2011 levou a cabo con 14 países europeos: Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, España, Estonia, Francia, Grecia, Holanda, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido (Inglaterra) e Suecia. Ademais, as tres comunidades lingüísticas de Bélxica, a alemá, a flamenca e a francesa (Bélxica Al., Bélxica Fla. e Bélxica Fr.), participaron de forma independiente. 
España está sempre cara abaixo a pesar de 2 feitos: a introdución máis cedo dunha lingua estranxeira con respecto a outros países da súa contorna e ao limitado número de linguas estranxeiras obligatorias que se estudan. En comparación cos outros países europeos isto debería axudarnos, pero non o fai. Por que? O problema reside, polo tanto, na calidade da ensinanza e nos métodos conductivistas e arcaicos que aínda se seguen levando a cabo. Isto é o que determina tamén que teñamos mellores notas na comprensión escrita que no resto das destrezas en comparación co resto.

No caso contrario, temos a Finlandia que ao igual que Suecia encabezan os resultados PISA. O último estudo que data do 2012 califica a este país xunto con Shanghái-China, Hong Kong-China, Singapur e Xapón entre os mellores do mundo en ciencias. O éxito reside nunhas clases con menor número de alumnado, con profesores de apoio na propia aula e descansos máis continuados ao longo da xornada lectiva. Todo isto propicia, polo tanto, un baixo porcentaxe de fracaso escolar.
Alén diso, a profesión do/a docente está mellor valorada pois, só un baixo porcentaxe dos alumnos que estudan esta carreira chegan á impartir aulas. Só son os que mellor formados e capacitados están os que poden ensinar en Finlandia. Pola contra, en España maxisterio ten unha nota de corte moi baixa e o requisito fundamental son unhas oposicións nas que só se valoran fundamentalmente os coñecementos memorísticos.
Tamén cabe destacar a implicación dos pais co sistema educativo e as facilidades laborais que se aplican no sistema educativo finlandés. O pai é libre de asistir ás aulas dos seus fillos para ver que se está a levar a cabo grazas aos seus impostos. Ademais, as titorías son moito máis habituais do que o é en España, tanto polas facilidades laborais das que falei anteriormente como pola forma de pensar da sociedade finlandesa.
Outro aspecto a destacar é a gratuidade do comedor e do material escolar, así como a aposta por unha ensinanza pública na súa maioría (un 96%). Deste xeito temos o ambiente propicio para que a ensinanza resulte. Temos os medios, os mellores docentes e a implicación da sociedade.

Segundo o meu punto de vista, se comparamos este sistema con España poderíamos adoptar varias destas medidas entre as cales escollín varias: o endurecemento das probas de profesorado para convertir esta profesión nunha profesión de prestixio, a implicación dos pais na educación dos seus fillos a través de facilidades para asistir ás titorías, a redución do número de alumnos por aula e o aumento de profesores de apoio na propia aula. Se ademais engadimos que a educación sexa pública na súa maioría, con gratuidade de material e comedores, poderíamos convertir a España nunha Finlandia a longo prazo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario