27 de enero de 2016

Ausencia xustificada

III Xornadas de orientación dirixidas a alumnos de 2º de bacharelato por parte de ex-alumnos do instituto Arcebispo Xelmírez I

Hoxe a miña ausencia ás aulas foi unha ausencia xustificada. Xustificada por dous motivos: o primeiro deles, porque avisei ao profesor docente de que non ía poder asistir e o segundo, porque participei nunha labor de orientación do meu instituto. Como futura docente, pareceume unha experiencia moi boa tanto e útil. 
Esta xornada de orientación consistiu nunha reunión de antigos alumnos do instituto Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela para falar sobre as súas carreiras e experiencias, co gallo de oruentar aos alumnos de 2º de bacharelato indecisos coa escolla. Entre nós había estudantes e ex-estudantes de carreiras e ciclos. Entre os diferentes ex-alumnos podemos destacar de esquerda a dereita estudos de:
  • Grao superior en comercio internacional
  • Doble titulación de ADE e Turismo
  • Grao en Historia
  • Grao en Filoloxía Alemá
  • Grao en Educación Infantil
  • Diplomatura en Fisioterapia
  • Licenciatura en Tradución e Interpretación
  • Grao superior en informática
  • Medicina
Ademais do profesor de Historia: Fernando Prieto Valdés, colaborador principal do proxecto.
Nestas charlas cada un de nós tocou estes puntos fundamentalmente:
  • Modalidade de bacharelato que cursamos no instituto
  • Percorrido académico/laboral
  • Perfil requerido para cursar a titulación
  • Consellos para futuros alumnos.
Esta iniciativa, que non se tiña feito na miña promoción, creo que pode resultar moi útil para axudar a escoller nunha etapa especialmente difícil para o alumnado. Ademais, creo que se debería promover noutros institutos. 
Que vos pareceu?

No hay comentarios:

Publicar un comentario