26 de enero de 2016

A nosa primeira aula de didáctica

Como sesión introdutoria á materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, vimos a forma de desenvolvemento das aulas, a dinámica das mesmas e o sistema de avaliación. O tempo tamén deu para unha breve presentación de cada un de nós, reflexións grupais e unha segunda actividade grupal de wh-questions. Esta última pareceume unha dinámica moi interesante como recurso didáctico, dinámica que comentarei exclusivamente na seguinte entrada de blog.

Coa finalidade de completar esta introdución á materia, gustaríame primeiro traducir esta materia a outros idiomas da maioría de uso dos blogs. Así pois:
  • Didáctica da Ensinanza/Ensino das Linguas Estranxeiras (galego)
  • Didática de Enseñanza de las Lenguas Extranjeras (español)
  • Didática do Ensino das Línguas Estrangeiras (português)
  • Didactics in Teaching Foreign Languages (English)
  • Didactique de l'ensegnement des langues vivantes/étrangères (français)
Como vedes, o termo didáctica en todas as linguas indoeuropeas aquí presentadas ten case a mesma forma. Isto é debido a unha orixe común: o grego. A palabra didáctica vén de διδακτικός  (didaktikós) e é unha disciplina dentro da pedagoxía que se ocupa dos estudos dos procesos do ensino-aprendizaxe.

Non quería comezar este camiño da didáctica das linguas estranxeiras, sen presentarvos ao que para min é actualmente todo un auténtico revolucionario da aprendizaxe de linguas estranxeiras e un referente persoal importante. Anxo Pérez é un políglota galego falante de 9 idiomas que chegou a ser tradutor simultáneo de Barack Obama. Inventou un método de aprendizaxe: o 8 belts enfocado na ensinanza do inglés e do chinés. Independentemente do valor comercial, creo que neste vídeo trata puntos importantes da ensinanza dos idiomas:  a escasa conexión entre o aprendido e a súa utilidade e a priorización do importante, entre outros. Aquí vos deixo un vídeo oficial del:


Anímovos a que comentedes se estades de acordo coa súa teoría e se vos pareceu interesante ou non. Agardo os vosos comentarios!





No hay comentarios:

Publicar un comentario