30 de enero de 2016

Análise dos contidos

O primeiro día de aula, levamos a cabo a análise dos contidos da materia a través dun debate grupal. A clase estaba dividida en tres grupos e debíamos decidir entre o noso grupo, cal era para nós o punto máis importante entre os que se recollen a continuación:

Estes puntos formaban parte da presentación que o noso profesor, Carlos Valcárcel, proxectou. Esta actividade de aula resultou ser unha forma de reflexión interesante porque daba lugar a debate e porque non é o mesmo que che transmitan unha idea, que que o propio alumno teña que reflexionar sobre iso.
En todos os grupos sacamos as mesmas conclusións: o punto 5, planificar e programar é o máis importante porque engloba todos os demais. Se sabemos programar imos a coñecer polo tanto a lexislación, imos a elixir unha metodoloxía, imos a ter en conta s situación do ensino e as súas variábeis. No noso grupo estábamos dubidando entre o punto 4 e o punto 5, pero ao final gañou o 5 pola razón precedente.
Outro dato interesante sobre a planificación é que podemos informarnos sobre as programacións docentes dos centros de Galicia aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario