1 de marzo de 2016

A avaliación, ese ser estraño

Como actividade inicial e de warm-up debatimos en grupos sobre aspectos negativos do noso background con respecto á avaliación. A maioría coincidimos nos mesmos e un deles era o descoñecemento do método de avaliación (rúbricas e baremos). A pesar de que canto máis se especifique este punto, máis obxectiva debería ser a avaliación, creo que materias como historia, filosofía ou incluso a propia tradución, poden chegar a ser moi subxectivas a pesar de ter ben claros estos criterios. Así pois, na universidade os alumnos da licenciatura e grao de tradución e interpretación sufrimos moito disto ante correccións de traducións nas que a trasposición era ás veces una xustificación a un erro. Doutras, simplemente un "sona mellor doutro xeito" podía ser una xustificación válida que desacreditaba a túa tradución. Como avaliar entón estas materias tan subxectivas? Non sería convinte aparte do baremo una segunda opinión dun traductor especializado, un punto medio entre dous docentes con experiencia, pero con maneiras de redactar diferentes?
É só una reflexión e suxerencia que se me veu á mente.
Quédome con esta cita para rematar a reflexión:
"A diversidade na familia humana debería ser causa de amor e armonía como o é na música onde diferentes notas se funden logrando un acorde perfecto" (Abdu'l Bahá)

No hay comentarios:

Publicar un comentario