20 de febrero de 2016

Contextualización e reutilización

Ola queridos lectores e lectoras deste blog:
Sen dúbida, da clase do xoves quédome coa contextualización. Non me parara a pensar na importancia que pode ter isto na motivación. Moitas veces esquecemos que son aínda nenos. Grazas a esta observación quedeime pensando nos libros de texto que están a usar os meus alumnos aos que lles dou clases particulares. Unha delas en concreto tiña un libro no que aparecían os tipos de vivendas e eu pregúntome, que importancia ten para unha nena da ESO se se trata dun adosado, dun apartamento ou dun piso? É necesario ademais este vocabulario tan específico? A miña resposta desde logo é un non rotundo. Non sería máis interesante que falasen da súa vivenda e averiguasen de que tipo se trata ou falar da vivenda dalgún famoso que lles interese? 
 Alén disto, tamén é interesante a reutilización dunha mesma actividade para varios cursos ou modalidades. Quédome tamén co método que se recomendou: The Minimax Teacher. Para os que estean interesados ten un prezo asequible e pódese conseguir online, aquí
Ah, si! Que non se me esqueza...Os pshycological tests, todo un éxito, xa os probei. Saquei varios desta páxina e a verdad é que saíron moi ben. 

Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario