23 de diciembre de 2015

Tema 6

Ideas xerais a propósito do CLIL
CLIL ou a metodoloxía do Content and Language Integrated Learning é precisamente un dos bos métodos de exposición á lingua dos que falaba no primeiro comentario deste blog. Adaptada en Europa desde 1994, supón o recoñecemento da importancia do que vén sendo o listening ou o écoute activo e pasivo nas materias non propiamente de lingua estranxeira.

Agora ben, se dar unha materia nunha lingua estranxeira sería o ideal, temos que valorar se os nosos profesores de matemáticas, plástica ou bioloxía, entre outros, serían capaces de impartir estas materias nunha lingua estranxeira. Aínda que isto estea a suceder na actualidade, é realmente efectivo todo isto? Na miña opinión pode ser incluso contraproducente. Pois, se o alumno está a aprender dunha maneira equivocada todo o sistema se desmorona. Cal sería o nivel mínimo de lingua estranxeira esixido para estos profesores de materias non propiamente de lingua estranxeira, se para os demais é un B1? Na miña opinión o nivel esixido para un profesor de secundaria debería ser o avanzado, un C1 ou C2 incluso e un B1 ou un B2, para os profesores doutra materia que opten por impartir as clases nunha lingua estranxeira.
Por outra banda, esta metodoloxía deberíase implantar primordialmente en infantil e primaria, pois son as etapas nas que os rapaces e rapazas poderían absorver máis este novo idioma e non tanto con tanto peso en secundaria. En calquer caso, para tal efecto habería que aumentar as competencias dos docentes de matemáticas, bioloxía, plástica ou educación física. É iso o que realmente imos a esixir? Tal vez habería que valorar todas estas cuestións antes de poñernos en marcha.
Máis alá de levalo a cabo ou non, as razóns para empregar esta metodoloxía son numerosas: desde o punto de vista lingüístico, desde os contidos, tendo en conta o punto de vista cognitivo, a cultura ou o centro educativo.
Aparte disto, tamén teríamos que ter en conta que non imos usar ao mellor a lingua estranxeira da mesma maneira nunha materia que noutra, nunha predominará moito máis a linguaxe escrita mentres que noutra o docente ten que ser coñecedor da linguaxe oral. As competencias cambian e os puntos fortes tanto do docente como do alumno tamén. Tal vez o exame de nivel se debería de centrar nunha destas competencias lingüísticas e non en todas.
Para concluir, se puidese engadir algo a esta metodoloxía sería a interacción obligatoria entre alumno-profesor, porque en caso contrario volveríamos a unha ensinanza de tipo tradicional conductista, totalmente contraproducente desde o meu punto de vista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario