28 de febrero de 2016

Reflexións sobre as programacións

Quería reflexionar con vós sobre o deber ou non deber dos docentes de colgar a programación docente na páxina web do centro.
Por unha parte, pregúntome se os docentes terán todos acceso como administrador á páxina web do centro, tendo en conta que varían considerablemente dun centro a outro. Por outra banda, sería adoitado que un documento de gran elaboración fose difundido libremente? Desde o meu punto de vista, creo que si. Axudaría aos novos docentes na elaboración das súas programacións. así como informaría aos pais e alumnos sobre a materia en concreto. 
Deberían todas as programacións seguir o mesmo formato? Desde o meu humilde punto de vista creo que debería existir unha plantilla determinada con diferentes apartados para facilitar a consulta e a elaboración do mesmo. Sabemos que cada centro é diferente, porén esta plantilla podería plantexar estes apartados variables e uniformizar deste xeito as programacións, que como vimos varían considerablemente de centro a centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario