28 de febrero de 2016

Recursos inesgotables

Ola de novo:
A temida gripe deixoume a semana pasada fóra de xogo, pero da parte da clase do mércores á que asistín quedeime coa parte dos recursos dos que os profesores de idiomas debemos dispoñer. 
Porque se internet, ao que podemos denominar macrorecurso, nos falla, debemos saber tirar doutros. 

  • Como o papel segue sendo algo que, polo momento, aínda non desapareceu, pode servirnos para elaborar innumerables recursos ready to use tal e como vimos na clase.
  • Outro recurso que se me ocurre son os propios alumnos. Sempre podemos tirar das ideas ou erros dos alumnos para crear unha nova actividade. 
  • Outra fonte sempre disponible poden ser os contidos da clase anterior. A revisión ao lado das técnicas de memorización pode ser útil e práctico en caso de emerxencia. Que non falten os brainstormings!
  • Por outra banda, recortes ou fotos poden ser tremendamente útiles para o speaking tal e como vimos nas sesións anteriores. Non está de máis gardar algúns destos recursos en formato analóxico. Xa sabedes, just in case.

Emporiso, non vos esquezades do mellor recurso: a improvisación, si, esa que provoca que todo funcione cando non o estaba a facer. Tamén podes tirar uso dela non só cando internet non funcione, tamén cando a actividade que diseñaras con tanto orgullo non funciona. E xa sabes que non debes empeñarte en que o faga, se non funciona por algún motivo é.  Cambia o plantexamento ou directamente a actividade en si e deixa paso á túa improvisación, a salvadora.

Un saúdo e boa semana,


Raquel G.M.





1 comentario:

  1. Coidado coa improvisación! Funciona cando tes experiencia e podes sacar da "mochila" algunha actividade, idea, etc que xa teñas usado. Tamén é certo que hai persoas con máis capacidade que outras, pero a miña recomendación a unha profesora novata é, leva sempre un as na maanga, "for if the fies"!!!!

    ResponderEliminar