En primeiro lugar pedir disculpas pola demora desta última entrada. Despisteime completamente e as miñas compañeiras refrescáronme a memoria.
Valoración final da materia...pois que dicir...antes de nada grazas por todo o apoio loxístico e psicolóxico nesta nova andanza destas 2 profesionais da docencia: Ana Fontenla e Mª Luz Valencia.
A continuación expoñerei os meus puntos a favor e en contra:
Puntos a favor!
- Os consellos, metodoloxías e exemplos prácticos.
- O entusiasmo e o amor por esta profesión.
- A profesionalidade do traballo realizado.
- O compromiso tanto docente como co alumnado.
- A facilitación de material.
Como non botarlle flores a quen o merece? De verdade moitas GRAZAS.
Puntos en contra!
Despois desta completa lista, que queda por dicir? Pois que o tempo foi limitado para unha parte da materia que dada desta maneira nos foi moi útil. Espero que a dirección do máster teña sempre en conta ás voces da experiencia e as invite para instruir aos futuros docentes nesta nova senda profesional.
Despois de dar clases particulares a rapaces da ESO e ver que se seguían a usar os mesmos métodos nefastos, crin que era unha utopía iso que se nos ensinaba no máster. Con Luz e Ana dinme de conta de que si existe a utopía, que un pode ser bo docente e que unha metodoloxía fóra do "fill in the gaps" é posible.
Qué bontita recompensa! Amellor que pode ter unha profesora. A nós, os vosos comentarios nos dan ánimos e pautas a seguir. En canto ao do tempo, é unha mágoa pero non hai nada que podamos facer. agás tratar de aproveitar o máis posible o que nos dan. Ánimo e boa sorte nas prácticas.
ResponderEliminar